Servizos de transporte

DE DA CUNHA

  981 671 151          info@dacunha.com

Transportes, almacenaxe y seguimento telemático


Traballamos a diario para ofrecerlle aos clientes un servizo de calidade dentro do sector dos transportes e almacenaxe.

Contamos con moitos anos de experiencia polo que podemos ofrecer un servizo integral aos nosos clientes e un trato personalizado. Sempre garantimos o estándar de calidade nos nosos servizos tanto no transporte de mercadorísa como de almacenaxe.

A nosa empresa está formada por un equipo de profesionais altamente capacitados que poderán alcanzar, sempre, a satisfacción de cada uno dos nosos clientes.

NACIONAIS E INTERNACIONAIS

Servizo de transporte de mercadorías


Grazas á nosa gran flota de vehículos ofrecemos aos clientes un servizo de transporte de mercadorías tanto nacional como internacional.

Os nosos camións están preparados para o transporte de todo tipo de mercadorías garantindo, sempre, aentrega onde nos indiquen os nosos clientes dunha forma rápida e segura.

Dende os nosos inicios traballamos para garantir a chegada a tempo e en perfecto estado de cada unha das mercadorías que trasladamos. Ademáis, somos unha empresa comprometida coa conservación do medio ambiente.

¡OLVÍDATE DA FALTA DE ESPAZO!

Servizo de almacenaxe


Ademáis de ser unha empresa que ofrece servizos de transporte tamén contamos cun servizo de almacenaxe para que os nosos clientes poidan olvidarse dos inconvenientes que provoca a falta de espazo á hora de gardar todos os seus bens.

Dentro deste servizo de almacenaxe que ofrecemos podemos destacar:

  • Dispoñemos de almacens para gardar e custodiar a túa mercancía coa máxima discreción e seguridade.
  • Recepcionamos a túa mercancía e nos encargamos de ubicala para darlle un mellor trato.
  • Somos especialistas en PICKING, preparamos os teus pedidos no almacén para a túa distribución.
  • Recollemos a túa mercancía en calquer lugar para o teu almacenaxe.

CONTAMOS CON INNOVACIÓNS DIXITAIS

Seguimento telemático


En todos os nosos servizos incluimos innovacións dixitais empregando unha plataforma loxística en línea mediante a cal coñecer o estado da mercancía é fácil. Dentro destas innovacións podemos destacar:

  • Mapas de situación
  • Localización a través de smartphones, dispositivos telemáticos, gps e localizadores.

Ademáis, dentro do servizo de seguimento telemático, realizamos unha trazabilidade completa das expedicións.

¿Necesitas unha empresa de transportes de confianza? ¡Solicita información sobre os servizos de Transportes Da Cunha!